PRENSA



LA VOZ DE GALICIA 080715


LA VOZ DE GALICIA 280615



LA VOZ DE GALICIA 270615 - ENTREVISTA AO PRESIDENTE DA GAMELA




LA VOZ DE GALICIA 210615


LA VOZ DE GALCIA 14/06/2015
Treixadura, os irlandeses The Skies e Radio Cos lideran o cartel musical
Grupos da zona contribuirán a inzar en Cabo o patrimonio cultural galego


A conta atrás para o arranque do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz xa empezou. A falla de menos dun mes da esperada festa da cultura mariñeira e das tradicións, vaise pechando o programa de actividades que contribuirá a redondear un evento que se prevé histórico. No que á parte musical se refire, está confirmada a presenza na localidade boirense dos grupos Treixadura, Radio Cos e The Skies, que chegará a Barbanza procedente de Irlanda.

Treixadura desembarcará en Cabo de Cruz o 10 de xullo, no marco da xira de conmemoración dos seus 25 anos enriba dos escenarios. Este grupo mítico da música tradicional galega está a aproveitar a celebración das súas vodas de prata para ofrecer un percorrido pola media ducia de traballos discográficos que ten no mercado. De feito, recalará en Barbanza despois de rexistrar soados cheos nos principais teatros da comunidade.

Tamén se sitúa na relación de bandas da música tradicional galega Radio Cos, aínda que se trata dun grupo con menos percorrido, pois non cumpriu aínda a década de vida. Está integrado por famosos pandereteiros que foron evolucionando mediante a introdución de instrumentos coma o acordeón e o violín. Dous dos seus membros, Xurxo Fernandes e Quique Peón, son referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia.

Publicidad

O trío de ases do ciclo de concertos que contribuirán a caldear o ambiente en Cabo de Cruz complétao The Skies, un grupo irlandés que será o encargado de protagonizar a Noite Intercéltica coa que se abrirá o Encontro de Embarcacións Tradicionais o 9 de xullo. Con este festival que lle dará a saída á festa da cultura mariñeira preténdese reflectir a través da música a relación existente entre Galicia e Irlanda, país que tamén estará presente achegando varias embarcacións á xuntanza.

Coñecidas formacións
A relación dos grupos e dos artistas que farán que a música tradicional non deixe de soar ao longo dos catro días de encontro non remata aquí, nin moito menos. Complétase cun feixe de grupos de Boiro e de outros puntos da comarca de Barbanza que farán posible inzar en Cabo de Cruz o patrimonio musical galego. Lumieira, Xilbarbeira, O Aquel de Aquelar, Nunca é Tarde, Aroña, Abeloura, Os da Boina, A Dorniña, O Ballet Folclórico Boirense, Sonia Lebedynski, Fiadeira, Xoaniñas, Volta do Monte ou O Ar de Loureda tamén contribuirán a facer grande esta exaltación da cultura.

Desde Rianxo tamén se sumarán Os Perucos, un grupo que hai catro anos regresou ao panorama musical con forza e que ven de sacar á rúa o disco Resurgir. Esta formación será a encargada de poñerlle o broche de ouro ao programa de actividades, cun concerto a noite do 12.

O que busca a comisión que se creou en Boiro para darlle forma a un programa de actividades que redondee o encontro de embarcacións é exaltar a cultura tradicional, demostrando que Barbanza sabe moito do tema, pois conta cun número importante de grupos que traballan por iso desde hai anos.

Literatura, poesía e teatro completan o intenso programa
A música ocupa un lugar privilexiado no programa de actividades que se está a deseñar para darlle unha relevancia maior ao Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz, pero o paquete de propostas culturais vai máis alá. Inclúe actos de carácter literario, recitais de poesía e representacións teatrais.

As poetisas musicais María Lado e Lucía Aldao, de sobra coñecidas en Boiro pola súa participación en varios actos ao longo dos últimos anos, tamén se sumarán á festa da cultura de Cabo. Encherán de versos e sons o espazo cultural habilitado para a ocasión no Club Náutico da localidade, un recuncho que tamén animará o grupo Ouriol, unha aposta que chegará da man da coñecida escritora Eva Veiga. O interior do edificio deportivo tamén recibirá a César Morán e Xosé Taboada, que acudirán igualmente en misión poético musical.

O teatro chegará á gran festa da cultura da man dun grupo de veciños do municipio, concretamente de maiores que participan nos obradoiros de memoria da Cruz Vermella. Están a preparar para a ocasión a peza Un mar de mulleres, un espectáculo estreitamente vinculado ao mundo mariñeiro que foi ideado por Esther Carrodeguas.

Rianxo ofrece charlas, talleres e bautismos de mar
A vila de Rianxo é a vindeira parada no calendario ideado polos catro concellos que integran Arousa Norte para promocionar o Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar en Cabo de Cruz. O berce de Castelao propón para o sábado unha intensa xornada con conferencias, obradoiros e ata bautismos de mar.

As actividades arrancarán ás 11.00 horas co desenvolvemento dun taller de nós mariñeiros e coa realización de bautismos de mar nas inmediacións do Club Náutico rianxeiro. Os interesados en participar en calquera destas propostas teñen ata o xoves para inscribirse no auditorio.

Ás 18.30 dará comezo, no Museo do Mar, unha charla na que intervirán Lino Lema, Pablo Carrera, Xerardo Agrafoxo e Adolfo Muíños. Falarán do patrimonio marítimo e da súa conservación. Despois dun coloquio ao que poderán sumarse todos os asistentes, a xornada culminará cun concerto a cargo dos alumnos da aula de música tradicional da universidade Sénior baixo o lema Para ser bo mariñeiro.



LA VOZ DE GALICIA 07/06/2015
A travesía más emblemática de Cabo
Mariñeiros que traballaron en Terranova e o artista Xurxo Souto foron as estrelas dun sentido acto, preludio da gran cita que terá lugar do 9 ao 12 de xullo
A. GERPE 07 de junio de 2015. Actualizado a las 05:00 h. 0
O público cantou durante o acto varios temas mariñeiros.


«Galicia non é o fin da terra, é o centro do mar», afirmou o intérprete e escritor Xurxo Souto en Cabo de Cruz, onde foi a estrela, conxuntamente con catro mariñeiros que teñen impresos na pel anos de duro traballo en Terranova, a primeira das catro xornadas que se levarán a cabo como preludio do Encontro de Embarcacións Tradicionais, que se celebrará na localidade entre o 9 e o 12 de xullo.

Foi un emotivo acto con música de bucina e cancións oceánicas de veteranos homes de mar recuperadas por Souto e interpretadas polos asistentes. Nunha localidade labrada entre ondas, Xurxo Souto reivindicou o cosmopolitismo galego, feito de arriscadas travesías e de descubrimentos de caladoiros plasmados en mapas nos que os máis afastados recunchos do planeta escríbense no idioma de Rosalía. Lugares inhóspitos nos que sempre haberá un bar ou un restaurante no que se fale a lingua nai. «Non somos a periferia de nada», sentenciou Xurxo Souto. Ao seu carón, José Muñiz, coñecido polo alcume de Xe e os irmáns Jesús e José Fontaíña e Luis Vázquez, testemuñas da inmensidade dese universo galego espallado polos mares do mundo.

As vivencias
Estes homes, veciños de O Castro, relataron as súas vivencias. Algún deles tamén se referiu as súas mulleres, que agardaban en terra facendo de nais e de pais, e á dura estampa da partida, vendo como unha estela branca poñía millas de por medio cos seres queridos.

Ao redor destas historias, Xurxo Souto elaborou un relato que atrapou ao auditorio. Ao mesmo tempo, proxectou un documental Cabo-Terranova: unha ollada dende o Argus, no que se afondaba sobre as duras condicións da pesca en Terranova.

Este primeiro acto supuxo o lanzamento en Cabo de Cruz dun Encontro de Embarcacións chamado a ser o máis internacional de todos os celebrados ata o momento. A súa realización foi posible grazas á mancomunidade de municipios de Arousa Norte e supón a resultado das mesas de traballo sectoriais dirixidas pola entidade supramunicipal en colaboración con técnicos dos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.

Antes de que Xurxo Souto e os veteranos mariñeiros de Cabo de Cruz trazasen para os asistentes o rumbo das súas vivencias, o responsable da Federación Galega da Cultura Marítima, Manuel Sendón; o presidente do comité organizador, Gerardo Triñanes; e a concelleira de Cultura, Elena Teixeira, tomaron a palabra para falar da cita do vindeiro mes.

Sendón apelou á participación dos veciños e indicou que os voluntarios son moi necesarios para o desenvolvemento do Encontro. Pola súa banda, Gerardo Triñanes insistiu no valor do patrimonio marítimo.

A concelleira Elena Teixeira incidiu nos aspectos culturais, económicos e turísticos da celebración. Comentou que, de media, segundo os datos de Encontros de Embarcacións Tradicionais anteriores, unhas vinte mil persoas acoden aos lugares nos que se realizan. Por este motivo, precisou que se trata dun gran acontecemento.

Ao remate tivo lugar un baile no centro social.

Posta en escena teatral na Pobra
A vindeira cita que servirá como prólogo á celebración do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz terá lugar o vindeiro sábado na localidade pobrense e consistirá nunca posta en escena teatral. Cada un dos concellos que integran o territorio de Arousa norte acollerá un acto, que servirá para difundir a celebración e, ao mesmo tempo, para afondar no traballo da mancomunidade.

Será a compañía Teatro Gazafellos a encargada de poñer en escena a peza titulada Aquario. O espectáculo terá lugar ás 13.00 horas no Cantón da Leña.

A seguinte actividade levarase a cabo en Rianxo, será o día 20 no Museo do Mar. Nesta ocasión haberá unha mesa redonda sobre a etnografía do mar. O ciclo pecharase en Ribeira cunhas xornadas de animación infantís ao redor do xigante azul. Prolongaranse durante todo o día.

A programación destes actos corresponde a Arousa Norte.


LA VOZ DE GALICIA 29/05/2015

A Cachada, berce de enxeñeiros navais
Os alumnos de segundo de secundaria elaboraron case vinte gamelas para expoñer en Cabo
M. X. BLANCO 29 de mayo de 2015.
Os mozos traballaron arreo na confeccións das gamelas.


Desde que se coñeceu a noticia de que Cabo de Cruz era o lugar elixido para a celebración da duodécima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, os promotores da iniciativa marcáronse como obxectivo principal involucrar a toda a sociedade co fin de facer da xuntanza unha gran festa de exaltación da cultura mariñeira. E semella que o están a conseguir. Un claro exemplo é o intenso traballo que se está a levar a cabo nas aulas do instituto A Cachada de Boiro, onde se veñen de finalizar case vinte pequenos barcos que formarán parte da exposición que o centro educativo terá instalada na localidade crucense entre o 9 e o 12 de xullo.

Os alumnos de segundo de ESO levan desde xaneiro traballando no deseño e na elaboración destas gamelas, a embarcación típica de Cabo de Cruz. Sete delas son medianas, achegándose ao metro de lonxitude, mentres que os resto son máis pequenas. Todas elas están agora expostas nas instalacións do centro educativo, pero cando arranque o encontro formarán parte dun espazo reservado para o instituto.

Pola vistosidade e polas moitas horas de traballo que encerra cada un destes barquiños, constituirán, seguro, un dos pratos fortes do expositor que terá o centro da Cachada, pero non será o único. Os alumnos están a preparar tres traballos audiovisuais relacionados co mundo do mar que se proxectarán de forma constante.

Iniciativas artísticas
No fervedoiro de ideas que é este instituto de Boiro tamén se prepara unha instalación que, segundo comentan desde o centro, dará moito que falar. Aínda que son uns carteis relacionados coa ciencia, o deporte e a saúde, estarán instalados sobre un orixinal soporte acuático e contarán con iluminación e cun toque audiovisual engadido. A maiores, ao longo do encontro, un grupo de estudantes realizará unha intervención artística criticando a contaminación e apelando polo respecto cara o mundo mariño.

Completa este intenso cartel de actividades que se están a levar a cabo no centro de ensino boirense unha exposición de fotografías de mulleres que traballan no mar. A mostra atópase nestes intres na cafetería do centro, pero tamén partirá a comezos de xullo rumbo á localidade de Cabo de Cruz.

Desde o instituto A Cachada destacaron o esforzo que están a realizar os alumnos en cuestións vinculadas ao Encontro de Embarcacións Tradicionais, asegurando que se trata dunha iniciativa que conseguiu enganchalos desde o primeiro momento.

Primeiro acto previo
Mentres, en Cabo de Cruz prepárase xa o primeiro acto vinculado coa xuntanza de xullo. Será o vindeiro venres e consistirá na proxección do traballo audiovisual Cabo-Terranova: Unha ollada desde o Argus. O acto contará coa presenza de Xurxo Souto, que dirixirá tamén un coloquio con varios mariñeiros convidados. Un baile de gala no centro social pechará a xornada.

PREPARATIVOS PARA O ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS tradicionais



LA VOZ DE GALICIA 15/05/2015
Máis de trinta grupos farán de Cabo un fervedoiro cultural
Quince usuarios dos obradoiros de memoria da Cruz Vermella de Boiro están a preparar unha montaxe teatral
M. X. BLANCO
Os maiores boirenses preparan a peza Mar de muller, escrita por Esther Carrodeguas. 


CARMELA QUEIJEIROOs maiores boirenses preparan a peza Mar de muller, escrita por Esther Carrodeguas.

Entre o 9 e o 12 de xullo, coincidindo cunha nova edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, Cabo de Cruz converterase nun fervedoiro cultural. A día de hoxe son máis de trinta os grupos e artistas de Barbanza que teñen confirmada a súa presenza na localidade boirense, co único fin de contribuír a animar en terra o conxunto de actividades que se desenvolverán polo mar.

A nivel musical, a relación de agrupacións que vai medrando cada pouco tempo está integrada por Abeloura, Arume, Os da Boina, Xilbarbeira, Nunca é Tarde, Os da Volta, Xoaniñas, Aroña, Ballet Folclórico Boirense, Ar de Loureda, O Aquel de Aquelar e A Dorniña de Abanqueiro. Baixo o lema Arte mariñeiro, varios creadores e artesáns amosarán os seus traballos e farán obras en vivo. Confirmaron xa a súa presenza en Cabo de Cruz Mónica Rivas, Chicho Farto, Jontxu Argibay e representantes das escolas de palilleiras dirixidas por Mariví Santos e María José Figueroa.

Tamén os integrantes da plataforma Creaturas montarán os seus postos ao longo das xornadas de encontros. Xunto a eles, amosarán os seus traballos e impartirán obradoiros asociacións como Hai Tema, Ambar, Amicos, Creando con Xeito, Barbantia, A Unión, Olláparo, o Foro Ecolóxico de Boiro, a confraría local, o club de xubilados e os colectivos de mexilloeiros. Pola súa banda, a comisión encargada de organizar as festas do Carme desta localidade boirense está preparando algunha que outra actividade especial. Ten comprometida a organización de xogos populares e unha proposta de carácter gastronómico.

Estrea sobre as táboas
O certo é que son moitas as entidades que, desde distintas frontes, están ideando actividades para que esta duodécima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais sexa histórica. Ata os maiores que participan nos obradoiros de memoria promovidos pola Cruz Vermella de Boiro están dispostos a achegar o seu grao de area. Desde hai unhas semanas, prepararan unha montaxe teatral que será estreada o día 11 de xullo. Trátase, como non podía ser de outro xeito, dun espectáculo estreitamente vinculado coa cultura mariñeira.

A obra leva por título Mar de muller e foi escrita pola rianxeira Esther Carrodeguas, directora da mítica compañía rianxeira Airiños, que aceptou de boa gaña cederlla á organización humanitaria boirense. Seguindo o seu guión, quince maiores afrontan con valentía a súa estrea sobre as táboas. Un voluntario da Cruz Vermella, Cristian Rodríguez, é o que exerce nesta ocasión de director.

Desde a entidade destacaron que todos os veciños involucrados nesta iniciativa cultural están a facer o posible para que o espectáculo resulte do agrado dos asistentes ao encontro. A montaxe está integrada por un conxunto de escenas relacionadas co mar, que tratan de recrear estampas como a poxa, a pesca, o marisqueo ou o traballo nas fábricas do sector.

A Cruz Vermella é só unha peza do gran quebracabezas que se está argallando en Boiro e que abarca boa parte do territorio barbancés. Cando estea montado, a comezos de xullo, será, con seguridade, un importante foco de atracción.



LA VOZ DE GALICIA 07/05/2015
Actos culturales y mesas redondas previas servirán para divulgar el Encontro de Embarcacións
Las actividades se desarrollarán en los cuatro municipios de Arousa norte
RIBEIRA LA VOZ 07 de mayo de 2015. 
La comisión busca financiación para contratar a un grupo folk.

GESTOSO
La comisión busca financiación para contratar a un grupo folk.

El comité organizador del Encontro de Embarcacións Tradicionais que tendrá lugar en Cabo de Cruz acordó la realización de un programa de actividades previo que se llevará a cabo en los municipios de Arousa norte con el fin de presentar y dar a conocer esta cita. Aunque durante la reunión no se cerraron las iniciativas a realizar, sí se barajaron alternativas, como mesas redondas, teatro callejero y un baile.

Lo que sí se determinó fue el calendario. Los actos se efectuarán los sábados del mes de junio, empezando el día 6. El primer lugar será Cabo de Cruz, al que seguirán A Pobra do Caramiñal, Rianxo y Santa Uxía.

Asimismo, el comité está buscando financiación para que algún grupo de música folk gallego, como Treixadura, actúe en la cita. Al parecer, las negociaciones están ya bastante avanzadas.

Cuerpos de seguridad
Otro de los asuntos tratados fue la idoneidad de mantener un encuentro con miembros de Protección Civil, Policía Local y Guardia Civil de Boiro, seguramente se realizará a mediados del próximo mes, para establecer las medidas de seguridad del acontecimiento.

Varios colectivos sociales y culturales han confirmado ya su participación.

LA VOZ DE GALICIA 19/04/15
Portos instalará en Cabo cien metros de pantalanes para el Encontro de Embarcacións
La organización ha puesto en marcha una campaña para conseguir la colaboración de un centenar de voluntarios
M. X. BLANCO Ribeira
El convenio de colaboración firmado entre el Concello de Boiro y Portos a finales del pasado mes de marzo con el Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz como telón de fondo empieza a dar sus frutos. Miembros del comité organizador de la cita que tendrá lugar entre el 9 y el 12 de julio estuvieron en Aguete, en la ría de Pontevedra, para inspeccionar los cien metros de pantalanes que en breve serán trasladados hasta la localidad boirense.

Estas infraestructuras, que se completarán con las pasarelas de embarque correspondientes, servirán para el amarre de los 150 barcos que está previsto que acudan al encuentro. Pese a que todavía no se ha fijado la fecha del traslado, es probable que tenga lugar a comienzos de mayo.

El presidente del comité organizador, Gerardo Triñanes, explicó que, con el fin de ganar espacio en la zona portuaria de Cabo de Cruz, se ha iniciado una ronda de contactos con las entidades marineras: «Pedirémoslle tanto á confraría como ao colectivo de bateeiros que cambien as súas embarcacións de sitio o fin de semana do encontro e deixen libres os amarres».

Suma de apoyos
Mientras estas y otras gestiones siguen su curso, el goteo de apoyos a un acontecimiento que tiene visos de convertirse en histórico no cesa. Entre las últimas entidades que han comprometido su colaboración se encuentra el colegio Praia Xardín. La dirección del centro educativo boirense ha dado el visto bueno para que se emplee la cocina durante las cuatro jornadas de actividades.

Pero, tanto para el reparto de esta comida entre los participantes como para tareas de limpieza, organización de las zonas de aparcamiento de vehículos y demás, se calcula que será necesario contar con un centenar de colaboradores. La comisión encargada de buscar a estos voluntarios ya ha empezado a trabajar. Los interesados en sumarse solo tienen que cubrir la ficha que está colgada en la página web www.encontrocabo2015.org. Pueden elegir incluso el área de actuación que prefieren: cultura, información, servicio marítimo, restauración o estructura y montaje.

A través de este portal se están canalizando también las solicitudes para la participación en el encuentro. Actualmente son 36 las embarcaciones inscritas, la mayor parte de ellas de distintos puntos de Galicia, aunque también hay algunas de Andalucía, Cataluña y Reino Unido.

LA VOZ DE GALICIA 25/03/15
Cabo segue sumando apoios para o Encontro de Embarcacións Tradicionais de xullo
O convenio de colaboración co Concello e Portos supón un impulso para os axentes sociais implicados na organización
JAVIER ROMERO-CARMELA QUEIJEIRO

Aínda que foi un simple trámite burocrático, non deixou de ser simbólico polo contido do convenio de colaboración que foi materializado e que implica un apoio incondicional das Administracións ao Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz, que terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo.

O evento estará apadriñado pola Xunta (a través de varios departamentos, como Portos de Galicia) e o Concello de Boiro (que xa aprobara un acordo en pleno que implica un desembolso de 25.000 euros e infraestrutura). Ambas Administracións asumiron onte diferentes compromisos, ao igual que os colectivos encargados da organización: a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e a Asociación Cultural A Gamela.

Portos de Galicia fixo onte oficial a cesión de terreo portuario para a instalación de diferentes carpas, un secadoiro de congro ou un campo de redes, entre outras cousas. Ademais, autorízase o fondeadoiro e amarre dun máximo de 150 embarcacións tradicionais nos peiraos de Cabo ao longo de 200 metros. A responsabilidade da colocación e retirada desta infraestrutura será dos organizadores.

O acto oficial da sinatura tivo lugar na casa consistorial boirense, e o alcalde, Juan José Dieste, non negou o interese que ten para el e o seu goberno «salvagardar o patrimonio mariñeiro, non só deste concello, tamén de toda Galicia a través do encontro que haberá en Cabo e no que se leva traballando moitos meses e con moita ilusión».

EL CORREO GALLEGO 25/03/2015



NOTICIASGALICIA.COM

Boiro acogerá en julio el XII Encontro de Embarcacións Tradicionais
Martes, 17 Marzo 2015 16:54

 Boiro acogerá en julio el XII Encontro de Embarcacións Tradicionais
EFE
Bajo el lema 'Vento da historia, mar de futuro', el puerto de Cabo da Cruz, en Boiro, será el escenario, del 9 al 12 de julio, de la nueva edición del Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, anunció hoy el secretario general de Cultura de la Xunta, Anxo Lorenzo. La iniciativa está promovida por la Federación gallega por la Cultura Marítima y Fluvial y, según Lorenzo, se trata de un certamen de ensalzamiento del valor patrimonial de las embarcaciones tradicionales.

Los organizadores de este evento de carácter bianual pretenden que esta nueva edición sea la más internacional, con embarcaciones procedentes de Croacia, Inglaterra, Irlanda y Portugal, además de otros puntos de España como el País Vasco o Cartagena. El Encontro de Embarcacións Tradicionais constituye un punto de referencia para técnicos, amantes del patrimonio marítimo y, en general, para toda la ciudadanía interesada en conocer algo más de la relación con el mar.

La programación de la duodécima edición del evento incluirá este año una navegación específica para personas con discapacidad. A la exhibición en el puerto de las embarcaciones y a la navegación diaria, se sumarán múltiples propuestas en tierra, como muestras de artesanía, talleres marineros, exposiciones, juegos tradicionales, jornadas técnicas sobre patrimonio marítimo, recitales poético-musicales, teatro, danza y conciertos. La cita cuenta para su organización con la colaboración de diversos departamentos de la Xunta y de la Diputación de A Coruña.



DIARIO DE AROUSA 18/03/15
El Encontro de Embarcacións tendrá varios actos en tierra
El secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentó ayer en la Cidade da Cultura, en Santiago, un nuevo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que tendrá lugar del 9 al 12 de julio en Cabo de Cruz, para recuperar y difundir el patrimonio marítimo tradicional. Los organizadores esperan que sea el más internacional, con barcos llegados de Croacia, Inglaterra, Irlanda, Portugal y España. Además de actividades del mar, con una navegación para personas con discapacidad, habrá propuestas en tierra: jornadas técnicas, juegos tradicionales, exposiciones, recitales poético-musicales, teatro y danza, que harán del encuentro una fiesta de cultura.


LA VOZ DE GALICIA 18/03/15



XUNTA DE GALICIA 17/03/15
O encontro de embarcacións tradicionais de Galicia pon en valor o patrimonio marítimo cunha nova edición en Boiro
Do 9 ao 12 de xullo, o porto de Cabo da Cruz acollerá esta iniciativa a prol dos bens patrimoniais vinculados ao mar, que promove a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial co apoio da Xunta de Galicia. 

Santiago, 17 de marzo de 2015.- Baixo o lema ‘Vento da historia, mar de futuro...’ o porto de Cabo da Cruz, no concello de Boiro, será o escenario, entre o 9 e o 12 de xullo, da nova edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha iniciativa promovida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) a prol da recuperación e difusión social do patrimonio marítimo tradicional. Trátase, en palabras do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “dun amplísimo patrimonio cultural que se forxou ao longo da historia e que hoxe require da colaboración e unión de diferentes axentes –movemento asociativo, administracións, institucións galegas e internacionais, a cidadanía en xeral– para que sexa recuperado, apreciado e valorado a todos os niveis: cultural, social, económico, turístico etc.”.

A duodécima edición do encontro, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do Medio Rural e do Mar, e de Economía e Industria, así como tamén da Deputación Provincial da Coruña, foi presentada hoxe en rolda de prensa por Anxo Lorenzo. O acto tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura e tamén contou coas intervencións do alcalde de Boiro e vicepresidente do comité organizador do encontro, Juan José Dieste; do presidente da federación, Manuel García Sendón; e do presidente do comité, Gerardo Triñanes.

Impulso á recuperación e ao aprecio social
“A actualización e recuperación do patrimonio marítimo –asegurou o secretario xeral– é posible grazas a esforzos continuados no tempo, con iniciativas coma esta”.“Desde a Xunta de Galicia cremos no interese do encontro para continuar o proceso de preservación e de construción dun aprecio social por este patrimonio material e inmaterial arredor do mar”.“Por iso –engadiu– apoiamos un ano máis esta iniciativa, que constitúe xa un referente estatal no ámbito da náutica tradicional, pero tamén, cada vez máis, no exterior”.

A edición máis internacional
Os organizadores do encontro esperan que esta nova edición sexa a máis internacional, con embarcacións procedentes de países como Croacia, Inglaterra, Irlanda e o veciño Portugal, ademais doutras chegadas de diferentes puntos de España, como o País Vasco ou Cartaxena. Esta participaciónenriquecerá o encontro con novas experiencias acerca da construción destas embarcacións e tamén sobre a formación regrada do oficio.

Á repercusión cada vez maior do encontro, que constitúe un punto de referencia para técnicos, amantes do patrimonio marítimo e, en xeral, para toda a cidadanía interesada en coñecer algo máis da relación co mar, tamén contribuirá a completa programación que se desenvolverá durante as catro xornadas e que incluirá este ano unha navegación específica para persoas con discapacidade.

Ás actividades no mar, coa concentración e exhibición no peirao das embarcacións tradicionais e a navegación diaria, sumaranse múltiples propostas en terra que farán deste encontro unha auténtica festa da cultura, con mostras de artesanía, obradoiros mariñeiros, exposicións, xogos tradicionais, xornadas técnicas sobre patrimonio marítimo, recitais poético-musicais, teatro e danza, e múltiples concertos.

Bens patrimoniais vinculados ao mar
No ámbito do patrimonio marítimo, ademais de colaborar co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a Consellería de Cultura e Educación asume tamén múltiples iniciativas, a través da Dirección Xeral de Patrimonio e dos dous centros culturais do departamento vinculados ao medio mariño: o Museo Massó, de Bueu, e o Museo do Mar de Galicia, en Vigo.Os dous centros veñen promovendo un conxunto de actividades permanentes vinculadas coa colección e preservación de embarcacións tradicionais, actividades didácticas de difusión social e a participación en programas de traballo común e xornadas de debate e estudo.

En 2013, a Xunta de Galicia tamén apoiou ‘Embarcacións tradicionais. Galicia. Pasado e presente’, unha obra publicada pola Deputación da Coruña que recolle o labor de máis de dous anos dun grupo de fotógrafos e investigadores que testaron a actualidade das embarcacións tradicionais galegas e estudaron as diferenzas con embarcacións de tempos anteriores a 1930.

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Desde 1993, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) convoca cada dous anos o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, ao que están convidadas todas as súas asociacións así como entidades afíns, particulares e institucións. O porto de Cabo de Cruz, no concello de Boiro, será o escenario da nova edición do evento, que consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas, acompañados de actos culturais e de lecer, xornadas, publicacións, exposicións,coloquios, música e danza tradicional, artesanía, etc.

A posta en valor da riqueza do patrimonio marítimo e fluvial galego, así como a necesidade de recuperalo e conservalo son os principais obxectivos desta iniciativa. Ademais, os encontros contribúen a difundir o traballo realizado no ámbito da recuperación do patrimonio feito polas asociacións, e ao mesmo tempo, supón unha actividade de dinamización social e de lecer, converténdose nunha festa atractiva para a cidadanía e os visitantes da concello no que se leva a cabo o encontro.

Actualmente está aberta a inscrición de barcos para o encontro, no que xa están inscritos un total de 15 de 13 tipoloxías distintas.


LA VOZ DE GALICIA - 25/02/2015 
O Encontro de Embarcacións de Cabo chega ás aulas para garantir o relevo xeracional
Estudantes do centro da Cachada visitaron Estaleiros Triñanes para coñecer o evento polo miúdo
JAVIER ROMERO 25 de febrero de 2015. 
Triñanes, cos escolares, durante a visita ao seu taller.
FOTO: CARMELA QUEIJEIRO

Fuxir do oficialismo característico dalgúns actos para lograr que a cita sexa amena, popular e guste a xente de todas as idades é un dos obxectivos que se marcaron dende o inicio o batallón de persoas e colectivos que traballan na organización do duodécimo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar en Cabo de Cruz entre o 9 e o 12 de xullo. As cabezas pensantes desta cita coa historia son conscientes de que a xuventude é unha parte fundamental, tanto neste evento coma no futuro, para garantir a supervivencia destas construcións náuticas, por iso o encontro xa está inmerso nas aulas de Boiro.

Unha delegación de 50 rapaces do centro de secundaria da Cachada visitou onte Estaleiros Triñanes da man do seu dono, que, ademais, é presidente do comité organizador deste duodécimo encontro. «O primeiro obxectivo era explicarlles en que consistirán as xornadas, facerlles unha presentación próxima para que se interesen, para que lles ilusione e para que participen, xa que a súa axuda é fundamental. Eles teñen que vivir mirando ao mar, e saber diferenciar embarcacións, que non todas lles resulten iguais», sinalaba o anfitrión.

Moitos destes mozos teñen un pasado familiar relacionado co mar, recordaba onte o mesmo Triñanes antes de engadir: «Pretendemos que cando cheguen as xornadas se sumen con pais e avós a esta festa popular. E se ademais contamos con eles como voluntarios, mellor que mellor, xa que toda axuda será necesaria tendo en conta as previsións de asistencia que manexamos -20.000 visitas en catro xornadas-».

Proxectos paralelos
O feito de que foran alumnos da Cachada os primeiros en coñecer de preto as bondades deste evento non foi casualidade. Este centro traballa dende hai tempo nun proxecto con maquetas que recrean gamelas, a embarcación característica de Cabo. A coordinadora da actividade, Ana Moreiras, recordaba onte que o instituto da Cachada está «comprometido coa cultura e a industria local» en alusión á iniciativa citada, e a outras igual de interesantes que serán expostas no encontro do mes de xullo.

De feito, engadía Moreiras, o centro conta co respaldo da Consellería de Educación polo labor pedagóxico que desenvolve atendendo o entorno mariñeiro do municipio e a influencia que ten na economía pasada e presente de Boiro.



LA VOZ DE GALICIA - 04/02/2015
O Encontro de Embarcacións de Cabo promete ser a edición máis universal
Croacia, Inglaterra, Irlanda e Portugal son algúns dos países que terán representación en Cabo de Cruz
JAVIER ROMERO 04 de febrero de 2015. 

Do 9 ao 12 de xullo pasarán polo porto de Cabo de Cruz, e a súa contorna, unhas 20.000 persoas para sumarse á duodécima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Así o estiman os organizadores desta festa cultural que, xa nestes momentos, tampouco dubidan en sinalar que o evento crucense será o máis internacional de todos os feitos ao longo do litoral galego. Embarcacións procedentes do sur de Inglaterra, Croacia, Irlanda e Portugal daranse cita no peirao de Cabo, ademais doutras chegadas de diferentes localidades españolas como Cartaxena ou o País Vasco.

A futura presenza destas tripulacións foráneas en Cabo é froito da boa relación que mantén a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial con outras entidades europeas, e que se traduce en numerosas visitas, por parte da delegación galega, a outros encontros similares que salpican a costa do Vello Continente ao longo do ano.

Proxección internacional
O presidente do comité organizador do encontro de Cabo é Xerardo Triñanes, un defensor público das embarcacións tradicionais e da cultura mariñeira no só de Barbanza, senón tamén do resto de Galicia. «Estes eventos xeran moita expectación en moitos países, e aínda que Galicia non ten grandes veleiros, si se están recuperando e esperamos reunir uns 150 barcos galegos. Isto ten unha proxección internacional e estamos a negociar para que veñan embarcacións foráneas que sirvan tamén para comparar os diferentes tipos que existen en Europa», señaló Triñanes.

O dirixente, igual que o resto de compañeiros que levan meses traballando na organización do encontro, entende que «o positivo de contar con embarcacións estranxeiras é que teremos xente doutros países para que nos conten a súa experiencia na construción e tamén na formación regrada do oficio. Paradoxicamente, en Galicia vivimos de costas ao mar e en Europa comezaron moito antes a pór en valor este patrimonio».

«O evento está moi ben, pero o máis importante é que os nenos aprendan e coñezan o mar e o noso pasado»Xerardo Triñanes



LA VOZ DE GALICIA - 30/11/2014

------------------------------------------------------------------------------

25/11/14

----------------------------------------------------------------------------------------------------------


Cabo de Cruz converterase en sede do Encontro de Embarcacións Tradicionais

Nov 24 Escrito por  Uxía Vidal
Cabo de Cruz converterase en sede do Encontro de Embarcacións Tradicionais
BOIRO> Cabo de Cruz prepárase para acoller o Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebrará na localidade boirense entre o 9 e o 12 de xullo do vindeiro ano. Tanto a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial como as asociacións que colaboran na organización e o concello de Boiro non escatimarán esforzos á hora de facer desta duodécima edición un encontro único. A íntima relación de Cabo de Cruz co mar fíxolle merecedora de acoller esta cita clave á que acoden máis de cento cincuenta embarcacións e preto de vinte mil visitantes. Entre o nove e o doce de xullo desenvolverase no porto crucense unha ampla oferta de actividades en mar e terra. Todas co obxectivo común de poñer en valor o patrimonio marítimo e sensibilizar á poboación sobre a importancia de conservalo. A Federación traballa man a man coa asociación cultural ‘A Gamela’, organizadora do encontro. A pesar do intenso traballo que está a desenvolver o colectivo lembran a necesidade de implicar a todo o pobo nos preparativos da gran cita mariñeira. Tamén o concello, ademais da achega económica de 25000 euros, apoiará a loxística e prestará a infraestrutura necesaria para a celebración do evento.Os interesados en colaborar nas distintas seccións da organización do encontro poden atopar máis información na web www.encontrocabo2015.org.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------

BARBANZA
Cabo conta con recibir unhas 20.000 visitas no Encontro de Embarcacións Tradicionais
Entre o 9 e o 12 de xullo calcúlase que se darán cita no porto da parroquia boirense de O Castro máis de 150 barcos
JAVIER ROMERO
RIBEIRA / LA VOZ  23 de noviembre de 2014

Prestando atención únicamente ao traballo xa feito, e imaxinando o que aínda está por vir, un entende rápido que a duodécima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia do ano 2015, que terá lugar en Cabo de Cruz, ten todas para ser un éxito seguro. O venres pola noite presentouse o evento, e alí estaban os representantes das entidades que forman a fronte común necesaria para deseñar unha cita pensada para recibir a unhas 20.000 persoas.
A programación está deseñada para realizar actividades en terra e mar. Serán máis de 150 embarcacións as que recalen no porto da parroquia de O Castro, que será habilitado para dar cabida a esta flota con sabor a historia e con características diferentes. Tamén será a edición máis internacional, xa que entre os mariñeiros que van participar, ademais de galegos e españois, chegarán doutros países do Mediterráneo e do Atlántico.
Diñeiro, esforzo e agarimo
Oír falar ao presidente da Federación Galega pola Cultura Mariñeira, Manuel Sendón, ou ao seu compañeiro dentro da entidade Xerardo Triñanes serve para entender que, ademais de esforzo e diñeiro, estase poñendo moito agarimo nos preparativos. A dedicación que está mostrando o colectivo crucense A Gamela tampouco se queda atrás. O Concello de Boiro, pola súa banda, aporta 25.000 euros e estase envorcando con outras necesidades como, por exemplo, a infraestrutura necesaria para albergar aos participantes.
«O prazo para que se anoten os voluntarios xa está aberto, e cantos máis mellor»
José Ramón Torrado
«Lembrar o que fixeron os nosos maiores é unha forma de respectalos»
Juan José Dieste
«Necesitamos a axuda de todos os veciños de Cabo para estar á altura»
Xerardo Triñanes
«O programa está pensado para que o goce xente de todas as idades»
Manuel Sendón



-------------------------------------------------------------------------------------------------------

BARBANZA
Máis de cen barcos sumaranse ao Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en Cabo
Os organizadores xa traballan nun programa cheo de actividades paralelas relacionadas coa cultura e a gastronomía
J.R. 22 de novembro de 2014

O duodécimo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que este ano será en Cabo de Cruz, contará coa presenza de máis de 100 barcos chegados de diferentes puntos da comunidade autónoma e doutros países. Os organizadores do evento traballan desde hai meses no deseño das actividades paralelas que complementarán o programa desta cita, que durará catro días. Cultura, gastronomía e diferentes exposicións sobre o mar e todo o relacionado coa súa historia en Barbanza son algunhas das iniciativas que se están xestionando.


-------------------------------------------------------------------------------------------------------

La Voz de Galicia - Nov-2014


Gerardo Triñanes Presidente do comité do encontro de embarcacións tradicionais

«O encontro vén a reivindicar a conciencia de pobo de Cabo de Cruz»

Falta un ano, pero a maquinaria da actividade xa está en funcionamento
Marta Gómez
Ribeira / La Voz  18 de mayo de 2014 
No verán do 2015, concretamente na segunda quincena de xullo, Cabo de Cruz vaise converter nun fervedoiro de xente, ou iso é cando menos o que esperan os organizadores do Encontro de Embarcacións Tradicionais da localidade boirense. Aínda faltan moitos meses, pero a maquinaria xa está engraxándose para comezar a funcionar. Gerardo Triñanes, cabeza visible da loita pola pervivencia da carpintaría de ribeira, é o presidente do comité que ten a «enorme responsabilidade» de que todo vaia vento en popa.
-Comecemos polo principio, ¿como xurdiu a idea de presentar a candidatura de Cabo de Cruz para acoller o próximo encontro?
-Os encontros son basicamente unha festa, unha manifestación cultural coa que se pretende poñer en valor o patrimonio marítimo a través das embarcacións tradicionais. En toda Galicia hai máis de trinta tipoloxías destas embarcacións. Cabo de Cruz ten unha exclusiva, que é propia desta zona e está catalogada, é a gamela de Cabo de Cruz. E un grupo de xente tivo a idea de poñerse en contacto coa asociación Gamela para presentar a candidatura.
-Falta máis dun ano para a cita coas embarcacións tradicionais, ¿que percorrido lle queda por diante á organización?
-Está aínda moi verde. Constituímos o comité organizador, do que forman parte o alcalde Boiro, Juan José Dieste, e Manolo Sendón, presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima, como vicepresidentes; Pepe Sieira é o secretario; José Mariño, o tesoureiro, e hai varios vocais. Pretendemos funcionar formando comisións para cada un dos aspectos do encontro. A mediados de xuño queremos facer unha asemblea con todo o pobo para ver que imos facer. E estamos tendo reunións cos distintos organismos oficiais para conseguir o seu apoio.
-Había dúas candidaturas para organizar estas xornadas, a outra era Combarro, ¿que cre que foi o que pesou para que fose Cabo o porto elixido?
-Creo que foron dous factores: o entorno, o escenario natural de Cabo de Cruz, que é fantástico e un gran descoñecido; e, sobre todo, o enorme apoio de todos os colectivos e do propio Concello, que xa comprometeu unha axuda económica.
-Cabo de Cruz foi sempre unha localidade moi activa pero ultimamente parecía un pouco parada, ¿cre que ese apoio ao encontro é unha nova mostra do dinamismo das entidades de Cabo de Cruz?
-Xa non é só aquí, a sociedade en xeral está aletargada, eu non sei se é pola crise ou por que, pero non hai movemento social, non hai organizacións civís. Si creo que este encontro vén un pouco a reivindicar a conciencia de pobo de Cabo de Cruz, e que mellor maneira de facelo que con algo que mira directamente ao noso mar.
-¿Iso mete presión?
-É unha responsabilidade enorme. En vista de todo o apoio que temos, se o facemos mal vai ser para tirarse dos pelos. Practicamente todas as entidades da parroquia, desde A Unión e a asociación de veciños A Marxa ata o Náutico, a confraría, os clubs deportivos e as agrupacións de mexilloeiros colaboran con nós. Tamén moitos colectivos de Boiro, como a ABE, asociacións culturais e Mar de Noia participarán no encontro. Esperamos contar co patrocinio das empresas punteiras de Boiro.
-Polo que se ve non queda ninguén fóra.
-Necesitamos toda a colaboración posible. Temos que traballar moi duro estes meses para botar a andar as comisións e ir atraendo a xente que queira botar unha man. De feito, facemos unha petición a todo aquel que teña algunha proposta, para que nola faga chegar. Por exemplo, neses días queremos engalanar todo Boiro con motivos mariñeiros, e para iso precisamos a colaboración de todo o mundo.
-¿Que beneficios pode reportar a Cabo de Cruz, e a Boiro, a celebración desde encontro?
-Vai ser fantástico para o pobo. Serán catro xornadas con actividades todo o día, espectáculos, rutas de navegación pola ría, obradoiros, charlas, proxeccións audiovisuais, exposicións, certames de poesía, teatro, bautismos de mar en embarcacións tradicionais... O potencial turístico e dinamizador é enorme. Estes encontros xeran moita expectación en moitos países, e aínda que Galicia non ten grandes veleiros, si se están recuperando e esperamos reunir uns 150 barcos galegos. Isto ten unha proxección internacional e estamos negociando para que veñan embarcacións de Irlanda, Portugal, Escocia... Calculamos que durante os catro días veñan a Cabo de Cruz máis de 30.000 persoas. De feito, coido que sobrepasaremos esa cifra. Van ser catro días moi intensos que esperamos que sexan lembrados polo pobo e que o queiran repetir.
-Pois si que lles queda traballo por diante...
-Teremos axuda. Pablo Carrera, ex irector do Museo do Mar de Galicia, xa ten unha gran experiencia e vainos coordinar, e contamos tamén co asesoramento cultural de Francisco Fernández Naval, Chisco.
Gerardo Triñanes Presidente do comité do encontro de embarcacións tradicionais

Cabo de Cruz dará cabida ao Encontro de Embarcacións Tradicionais no 2015
A incerteza mantívose ata última hora, pero finalmente Cabo de Cruz recibiu a boa noticia que esperaba: o seu porto dará cabida á duodécima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará o próximo verán. Os responsables desta iniciativa agradeceron onte o apoio recibido por parte de todas as entidades da localidade e do propio Concello: «Isto é case un proxecto de todo ou pobo».
A candidatura crucense, encabezada pola asociación A Gamela, tiña en Combarro a un duro rival. Durante varias horas, os integrantes da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial escoitaron os argumentos a favor dunha e outra localidade como sede do encontro e finalmente resultou elixido Cabo de Cruz cun resultado de 16 a 6 na votación.
Agora, á asociación A Gamela tocaralle pórse ao choio para organizar un evento que atraerá ata o municipio a decenas de embarcacións tradicionais procedentes de distintos lugares de España e de Europa. Aínda que non é seguro ao 100%, o máis probable é que o encontro se celebre na segunda semana do mes de xullo. Así mesmo, o presidente de Agalcari, que colabora coa candidatura presentada pola Gamela, explicou que se fará coincidir esta cita cunha nova edición das xornadas de construción naval en madeira.

La candidatura de Cabo como sede del encuentro de embarcaciones suma apoyos.
El gobierno local ya ha mostrado su disposición a colaborar con la Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela, entidad que encabeza la candidatura. 
El alcalde de Boiro, Juan José Dieste, mostró su satisfacción por que Cabo de Cruz sea una de las localidades que aspira a dar cabida al encuentro, que se celebrará en el verano del 2015, y destacó el nuevo impulso que daría este acontecimiento al turismo náutico en la ría de Arousa, y más concretamente en el municipio boirense. Para formalizar este apoyo a la candidatura presentada por A Gamela, el ejecutivo tiene previsto llevar el asunto a pleno para sumar el beneplácito de toda la corporación.

Cabo de Cruz aspira a acoller por primeira vez o Encontro de Embarcacións Tradicionais
Combarro é o rival do porto boirense na pugna por ser a sede da próxima edición.

A candidatura presentada pola asociación A Gamela de Cabo de Cruz para converterse en anfitrioa do próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial desde 1993, foi admitida, o que converte ao porto crucense nun dos dous que pugnan por dar cabida nas súas augas a barcos tradicionais chegados, non só de toda a comunidade, senón tamén de Portugal, Irlanda, Francia, País Vasco, Cataluña, Andalucía ou Baleares. Combarro rivaliza con Cabo por converterse en sede do encontro.

Serán as máis de corenta entidades que forman parte da federación, as encargadas de elixir entre as dúas candidaturas nunha asemblea que se celebrará o próximo día 29. De resultar elixida a proposta da Gamela, o porto crucense recibirá a decenas de embarcacións tradicionais no verán do 2015.

MEDRE O MAR!

ENCONTRO CABO 2015

PRESENTACIÓN POR XURXO SOUTO DO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS DE GALICIA, VIDEO DE PABLO CHOUZA

Posted by EncontroCabo2015 on Miércoles, 17 de junio de 2015